RSS, GeoRSS, XML, Podcast e JSON

MeteoGalicia publica as súas predicións en formato RSS. Desta maneira, Vd. poderá integrar na súa Web ou ver no seu cliente RSS, as predicións actualizadas feitas por MeteoGalicia. Estes enlaces permítenlle ademais, acceder á información completa na web.

  • Mediante clientes RSS: programas que lle permiten usar directamente os nosos ficheiros de datos e velos no seu ordenador persoal.
  • Mediante un agregador: páxinas web que lle permiten agrupar fontes RSS de distintos medios.
  • Integrándoos no seu sitio Web.

Cláusula de responsabilidade e uso dos datos: Nota legal

Subscrición en lista de correo

A través desta lista de correo, informamos dos cambios e actualizacións dos nosos servizos. Subscríbete.

Servizos dispoñibles
Predición Servizos web: RSS, GeoRSS, XML, Podcast e JSON documentación
Predición xeral Galicia
Predición por concellos Curto prazo Medio prazo
Predición marítima
Predición de mareas
Fases da lúa
Predición para Praias
Orto e ocaso
Predición de Avisos

Observación Servizos web: RSS, GeoRSS, XML, Podcast e JSON documentación
Raios detectados
Calidade do aire
Estacións meteorolóxicas
Estacións océano-meteorolóxicas
Concellos
Aforos ríos

Outros Servizos web: RSS, GeoRSS, XML, Podcast e JSON documentación
Novas  

Avisos e actualizacións

04/05/2017: Novo servizo JSON
O novo servizo proporciona datos máximos de chuvia e refacho das estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia.

28/12/2016: Novo servizo JSON con datos de aforos de ríos
Inclúe os datos de nivel e caudal medios de auga de rede de aforos de ríos de Augas de Galicia

30/09/2016: Novidades nos servizos XML e JSON
Anuncio de eliminación dos antigos XML e creación de novos servizos en formato JSON


¿Que é RSS? rss

RSS é una familia de formatos para distribuir e compartir información web. Está desenvolto especificamente para ese tipo de sitios que se actualizan con frecuencia e mediante o cal se pode compartir a información e usala noutros sitios web ou programas.

¿Que é GeoRSS? georss

GeoRSS pertence á familia de estándares RSS e utilízase para representar información xeorreferenciada anotando xeográficamente as entradas do RSS para que dita información poida ser localizada no mapa.

Lectores RSS

Para utilizar as fontes RSS existen múltiples opcións. A máis común consiste en instalar un programa chamado agregador ou lector.

Programas lectores
¿Que é un Podcast? podcast

Un podcast é un arquivo de audio dixital, normalmente no popular formato mp3, que se coloca en internet para que outras persoas teñan a posibilidade de baixar ese arquivo e escoitar o seu contido; ou ben, é un "programa de radio sen radio", algúns chámanlle "radio da nova era", "radio da era dixital".

Lectores Podcast

Os arquivos RSS que conteñen audio non son lexibles por calquera lector ou agregador, é necesario que admitan os "enclosures" ou arquivos agregados aos RSS. Os programas lectores que entenden os RSS que apuntan a un arquivo de audio revisan a lista de subscricións e automáticamente descargan todo o contido novo.

Programas lectores de Podcast

Xunta de Galicia  
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 4.6.1
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia