Recollida de información

O servizo de Observación meteorolóxica de METEOGALICIA, dependente da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, está en fase de implantación dun Sistema de Xestión da Calidade segundo os requerimentos da Norma UNE-EN-ISO 9001:2008. Isto ten por obxecto obter o recoñecemento por medio da certificación que acredite o noso afán de cumprir coas expectativas dos nosos clientes, prestando un servizo de calidade.

Dentro das xestións que estamos levando a cabo, facilitámoslle unha enquisa que nos permitirá coñecer a opinión que lle merecemos co fin de analizala de forma colectiva e promover a mellora continuada do noso sistema de xestión da calidade.

Agradecéndolle de antemán a súa dedicación, reciba un cordial saúdo.

Formulario de recollida de información


Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 2.4.1
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia