Sulfuro de Hidróxeno (SH2)

Descrición

O sulfuro de hidróxeno a temperatura ambiente é un gas incoloro, inflamable, cun cheiro semellante ó dos ovos podres. O seu cheiro característico e as súas propiedades irritantes fan que sexa facilmente detectable a súa presenza incluso cando se trata de concentracións baixas. Altas concentracións e exposicións prolongadas a este gas anulan o sentido do cheiro e a súa presenza pode pasar desapercibida aumentando así o risco de someterse a exposicións prexudiciais para a saúde.

O sulfuro de hidróxeno aparece na natureza en gases volcánicos, pantanos, augas estancadas, respiradoiros submarinos e tamén no cru de petróleo. En canto ás fontes antropoxénicas destaca a industria papeleira que o utilizan para extraer a celulosa da madeira. Na atmosfera o sulfuro de hidróxeno é oxidado a SO2, aumentando a concentración deste último. 

O sulfuro de hidróxeno é un gas altamente tóxico . A exposición a concentracións baixas deste gas provoca irritación nos ollos e as vías respiratorias, dor de cabeza . A altas concentracións o  sulfuro de hidróxeno pode provocar morte por asfixia xa que este composte interfire coa dispoñibilidade de osíxeno no sangue.

Para saber máis sobre os efectos dos contaminantes na saúde das persoas e qué facer en caso de que teñamos un episodio de altas concentración de contaminantes, pinche no enlace “Recomendacións”

Valor límite do  Sulfuro de Hidróxeno (SH2).

Contaminante

Concentración media en 30 min que no debe superarse

Concentración media en 24 h, que no debe superarse

SH2

100 µg/m3

40 µg/m3

Técnica de medida

Para a medición e determinación do SH2 emprégase o método de fluorescencia ultravioleta, tal e como se describe na Norma 14212:2013. É o mesmo que para o caso de SO2, pero mídese o SH2 unha vez oxidado a SO2 mediante un convertedor que transforma o SH2 a SO2.


Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 1.4.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia