O aire que respiramos e a nosa saúde

A contaminación atmosférica afecta á  saúde  de toda a poboación, aínda que non da mesma maneira. Os nenos, as persoas maiores e as persoas con problemas de saúde, como a asma, enfermidades do corazón ou pulmonares, sofren máis os efectos que o resto.

Moitos estudos científicos demostran unha relación directa entre a polución e a saúde. O aire contaminado provoca cancro, afecta ao sistema inmunolóxico, contribúe á aparición da asma, ten claros efectos en enfermidades cardiorrespiratorias, modera o desenvolvemento do cerebro dos nenos e reduce a esperanza de vida.

Problemas respiratorios e cardiovasculares

Unha exposición a curto prazo ao dióxido de nitrógeno (NO2) pode provocar irritación dos ollos e do sistema respiratorio. A longo prazo, os principais efectos poden ser un desenvolvemento pulmonar máis lento nos cativos, bronquite en niños asmáticos e a aparición de enfermidades respiratorias crónicas e cerebrovasculares nos adultos.

As partículas en suspensión (PM2,5 e PM10) provocan moitas alerxias nasais e oculares e afectan especialmente ó aparato respiratorio e ó sistema cardiovascular. A exposición a longo prazo a partículas en concentracións relativamente baixas, habituais no medio urbano, pode afectar ós pulmóns e incluso causar cancro. As partículas máis finas (PM2,5) son as máis perigosas para a saúde, incluso cando os niveis non superan os límites establecidos pola lexislación europea. Desenvolvemento máis lento do cerebro dos nenos.

Os nenos son un dos grupos de poboación máis afectados pola contaminación atmosférica. Segundo os estudos, os niveles de polución do aire dóbranse nos horarios de entrada e saída das escolas. A contaminación do aire pode alterar a conectividade cerebral dos escolares e retrasar o desenvolvemento.

Redución na esperanza de vida

Estatisticamente, a exposición a estas concentracións tense asociado a unha diminución duns meses na esperanza de vida da poboación. Hai colectivos máis propensos a ter problemas de saúde a causa das partículas presentes no aire, especialmente as persoas maiores, os nenos, as persoas con enfermidades cardíacas e pulmonares e os asmáticos.

¿Que hai que facer cando se anuncia un episodio de alta contaminación?

A Rede de Calidade do Aire de Galicia propón unha serie de recomendacións e acción sinxelas que é necesario que a poboación cumpra para contribuír a reducir a contaminación e para que a súa saúde non se vea afectada:

Recomendacións para as actividades deportivas

A pesar dos problemas derivados da contaminación do aire, é medicamente aconsellable realizar de maneira regular actividades deportivas, como andar, correr, ir en bicicleta, nadar u outras. Loxicamente, recoméndase que as persoas que teñan problemas respiratorios ou cardiovasculares fagan estas actividades no interior.

O máis importante é actuar con xuízo: se un día o aire está moi contaminado, quizais sexa mellor aprazar a saída de correr ata que a contaminación se disipe. Non obstante, diferentes estudos médicos teñen demostrado que, en persoas sans, os beneficios de facer deporte son maiores que os posibles prexuízos derivados da exposición a un aire contaminado.

Recomendacións en casos de superación dos limiares de información ou alerta á poboación

No caso de que se vexan superados os limiares de alerta á poboación, recoméndase seguir as seguintes precaucións sanitarias para reducir as afeccións:

  • Toda a poboación deberá evitar a prolongada exposición ó aire exterior nas horas centrais do día, especialmente aqueles sectores da poboación máis sensibles, os grupos de risco (nais xestantes, anciáns, cativos, e adultos que padezan enfermidades crónicas respiratorias ou afeccións cardiovasculares).
  • Deberanse evitar as actividades prolongadas ó aire libre que requiran esforzo físico, (principalmente, actividades físicas e deportivas) así como traballos arduos en espazos abertos, especialmente os grupos de risco.
  • Permanecer nos fogares e limitar a ventilación das vivendas o máximo posible.
  • Evitar o contacto con outros alérxenos como o pole, o po ou animais domésticos, no caso de ser alérxico ós mesmos.
  • Manterse informado da evolución dos niveis.
  • Para contribuír a mellorar a situación, recoméndase:
  • Non utilice o coche en distancias curtas.
  • Compartir vehículo para os traslados na medida de lo posible.
  • Limite o uso do vehículo ós desprazamentos imprescindibles e evitar horas punta.
  • Realice un correcto mantemento no seu vehículo (estado e presión de pneumáticos, revisións periódicas, etc)
  • Comparta o automóbil. Reduza o uso do vehículo privado.
  • Conducir con suavidade e noe utilizar a climatización do vehículo inutilmente.
  • Utilice o transporte público oo medios de transporte máis sostibles que o coche privado.
  • Faga un uso racional da enerxía, tanto no fogar como no posto de traballo.
  • Evite o uso de calefaccións de fuel ou carbón.
  • Deter o motor do coche cando estea parado ou si se atopa nun atasco.
  • Limitar a temperatura da casa e da oficina a 20 °C.
  • Limitar o exercicio ó aire libre ás horas en que os niveis de contaminación son inferiores (é dicir, fóra das horas punta de mobilidade).
  • Limitar o tempo de permanencia no exterior e evitar os lugares onde se producen as concentracións máximas de contaminación (vías de tráfico intenso, semáforos, cruces, etcétera).
  • Evitar largas exposicións ó sol.

Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 1.4.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia