Partículas (PM10 e PM2,5)

Descrición

Partículas é o termo xeral empregado para referirnos ao conxunto de partículas sólidas e líquidas que están en suspensión no aire. Estas partículas poden presentar diferentes tamaños, formas e composición química.

En xeral, canto menor sexa o tamaño da partícula maior é o seu efecto sobre a saúde xa que ten maior capacidade de penetrar profundamente nos pulmóns. A inhalación de material particulado pode agravar enfermidades pulmonares e cardíacas existentes. Este tipo de contaminación atmosférica está asociada coa diminución da función pulmonar, agravamento da asma e a alteración da capacidade do mecanismo de limpeza dos pulmóns. Tamén pode afectar ao sistema nervioso central, o sistema reprodutivo e causar cancro.

Clasificación de tipos partículas:

Segundo o seu tamaño:

  • Partículas grosas ou PM10: teñen un diámetro aerodinámico inferior a 10 μm.
  • Partículas finas ou PM2,5: teñen un diámetro aerodinámico inferior a 2,5 μm.

Segundo a súa orixe:

  • Partículas de orixe natural: Destacan as procedentes da fracción mineral que se escapa do solo, as intrusións de masas de po sahariano, o aerosol mariño e as partículas procedentes de erupcións volcánicas.
  • Partículas de orixe antropoxénica: Emisións formadas por material particulado procedente de motores de vehículos e chemineas. Partículas xeradas en procesos industriais como as fundicións, produción de cemento ou ladrillos. Emisións fuxitivas procedentes da manipulación de materiais pulverulentos.

Segundo o proceso de formación:

  • Partículas primarias: trátase de sustancias contaminantes vertidas á atmosfera de forma directa dende os focos emisores, xa sexan naturais ou antropoxénicos.
  • Partículas secundarias: son as formadas na atmosfera a partir da oxidación e transformación de emisións gasosas. Os precursores máis importantes deste tipo de partículas son SO2, NOx, NH3 e COVs.

Valores límite lexislados

Valores límite para as partículas en condicións ambientais para a protección da saúde.

PM10

PM10

Período da media

Valor límite

Valor límite diario

24 horas

50 µg/m3 que non deberán superarse en máis de 35 ocasións por ano

Valor límite horario

1 ano civil

40 µg/m3

PM2,5

PM2,5

Período da media

Valor

Valor obxectivo anual

1 ano civil

25 µg/m3

Valor límite anual (fase I)

25 µg/m3

Valor Límite (fase II)

20 µg/m3

Técnica de medida

O método de referencia para a toma de mostras e a medición de PM10 e PM2,5 é o que se describe na Norma UNE-EN 12341:2015 “Aire ambiente. Método de medición gravimétrico normalizado para a determinación da concentración másica PM10 ou PM2,5 da materia particulada en suspensión”.

Para saber máis sobre os efectos dos contaminantes na saúde das persoas e qué facer en caso de que teñamos un episodio de altas concentración de contaminantes, pinche no enlace “Recomendacións”


Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 1.4.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia