Ozono (O3)

Descrición

O ozono é un gas irritante, de cor azulada e que, a temperatura ambiente, tende a descompoñerse.
Na atmosfera podemos atopar ozono na estratosfera, formando a coñecida capa de ozono, e na troposfera, que é a parte máis baixa da atmosfera. O ozono estratosférico é esencial para a vida na Terra xa que nos protexe das radiacións solares nocivas. Sen embargo, a nivel do chan o ozono é un contaminante prexudicial para a saúde dos seres vivos.

Aínda que o ozono na troposfera pode xerarse de forma natural durante as tormentas e tamén pode aparecer debido a un descenso de ozono estratosférico,  a maior parte da concentración presente no aire ambiente é debida a causas antropoxénicas. Practicamente ningunha actividade humana emite directamente ozono pero este fórmase cando outros contaminantes reaccionan en presenza de luz solar. A radiación ultravioleta actúa como catalizador da reacción fotoquímica que ten lugar entre contaminantes primarios como NOx ou CO e compostos orgánicos volátiles (COVs) para dar ozono. Polo tanto, os niveis de ozono máis elevados rexístranse durante períodos de tempo soleado e altas temperaturas. Os compostos precursores de ozono poden permanecer inalterados na atmosfera durante varios días e ser transportados polo aire largas distancias, isto fai que a contaminación por altos niveis de ozono sexa un problema de alcance rexional.

A exposición a altas concentracións de ozono pode irritar as vías respiratorias e os ollos e provocar dor de cabeza,  problemas respiratorios, redución da función pulmonar, efectos cardiovasculares así como aumentar o risco de parto prematuro. Unha exposición prolongada a altas concentracións de ozono pode orixinar enfermidades crónicas pulmonares como a asma e a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica e tamén contribúe a unha morte prematura.

Para saber máis sobre os efectos dos contaminantes na saúde das persoas e qué facer en caso de que teñamos un episodio de altas concentración de contaminantes, pinche no enlace “Recomendacións”

Valores obxectivo e obxectivo a longo prazo para a protección da saúde

O3

Parámetro

Valor

Valor obxectivo

Máxima diaria das medias móviles octohorarias

120 μg/m3 que non deberán superarse en máis de 25 días por cada ano civil de media nun período de 3 anos

Valor obxectivo a longo prazo

Máxima diaria das

medias móbiles

octohorarias nun ano civil

120 μg/m3

Limiar de alerta

Promedio horario, durante 3 h consecutivas

 

240 μg/m3

 

Limiar de atención

Limiar de información (promedio horario)

180 μg/m3

Técnica de medida

Para a medición de Ozono, o método de referencia é o que se describe na Norma UNE-EN 14625:2013 “Aire ambiente. Método normalizado de medida da concentración de ozono por fotometría ultravioleta


Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 1.4.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia