Compostos de Flúor (F-) e Fluoruro de Hidróxeno (FH)

Descrición

O flúor (F) é o primeiro elemento da familia dos halóxenos e o elemento químico máis reactivo. O termo “fluoruro” fai referencia ós compostos que conteñen o ión fluoruro (F-) e os “fluoruros” fan referencia ós compostos que conteñen fluoruro.

O flúor non se atopa como tal na natureza. Sen embargo, os fluoruros son elementos moi comúns e de gran utilidade na industria.

O fluoruro de hidróxeno (FH) é un gas ou líquido incoloro e fumante. É un composto corrosivo, irritante e altamente tóxico.

Na natureza podemos atopalo en zonas con actividade volcánica. Comercialmente, o fluoruro de hidróxeno é o composto de flúor máis importante. Empregase maiormente na fabricación de hidrocarburos fluorados, que son utilizados como refrixerantes, disolventes e aerosois.

O HF é cáustico. En contacto coa pel pode causar queimaduras graves. A inhalación de HF produce irritación nos ollos e nas vías respiratorias. A altas concentracións pode causar danos nos pulmóns e o corazón. O flúor atópase como elemento traza na dentadura e os osos e a súa deficiencia orixina caries. Non obstante, a exposición a prolongada pode conducir á aparición de fluorose (osteosclerose)en dentes e ósos.

Para saber máis sobre os efectos dos contaminantes na saúde das persoas e qué facer en caso de que teñamos un episodio de altas concentración de contaminantes, pinche no enlace “Recomendacións”

Valor límite para os compostos de flúor (F-) e o fluoruro de hidróxeno (HF)

Contaminante

Concentración media en 30 min que no debe superarse

Concentración media en 24 h, que no debe superarse

Compostos de flúor

60 µg/m3

20 µg/m3

Fluoruro de hidróxeno

30 µg/m3

10 µg/m3

Técnica de medida

Para a medición de compostos de flúor e fluoruro de hidróxeno, o método de medida empregado é o potenciométrico.


Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 1.4.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia