Compostos Orgánicos Volátiles (COVs)

Descrición

Os compostos orgánicos volátiles son todas aquelas sustancias químicas que conteñen carbono e se evaporan con facilidade a temperatura ambiente.

Os compostos orgánicos volátiles son perigosos contaminantes do aire. A importancia dos COVs reside na súa capacidade como precursores do ozono troposférico e o seu papel como destrutores do ozono estratosférico.

A fonte natural máis común é o metano que se xera na descomposición da materia orgánica, na queima de biomasa ou por animais ruminantes como as vacas. Outros COVs de orixe natural son os aceites esenciais das plantas.

As fontes artificiais de compostos orgánicos volátiles teñen a súa orixe principalmente en actividades industriais como a industria de pinturas, do calzado ou siderúrxica, os disolventes da industria de lavado en seco, a evaporación de disolventes orgánicos, os automóbiles e mesmo o fume do tabaco. Dentro do fogar podemos encontrar numerosas fontes de COVs, como nos produtos de limpeza, produtos de hixiene persoal, cosméticos, pinturas, plásticos.

Para saber máis sobre os efectos dos contaminantes na saúde das persoas e qué facer en caso de que teñamos un episodio de altas concentración de contaminantes, pinche no enlace “Recomendacións”

Obxectivos

Os obxectivos principais destas medicións son analizar a evolución dos precursores de ozono, comprobar a eficacia das estratexias de redución das emisións e a coherencia dos inventarios de emisións e contribuír a establecer conexións entre as fontes de emisións e os niveis observados de contaminación.

Outro fin que se persegue con estas medicións é aumentar os coñecementos sobre a formación de ozono e os procesos de dispersión dos seus precursores, así como apoiar a aplicación de modelos fotoquímicos.

Sustancias

Entre as sustancias precursoras de ozono que deberán medirse figurarán polo menos os óxidos de nitróxeno e os compostos orgánicos volátiles (COV) apropiados. A continuación figura unha lista dos compostos orgánicos volátiles cuxa medición se recomenda.

Etano

Etileno

Acetileno

Propano

n-Butano

i-Butano

1-Buteno

Trans-2-Buteno

Cis-2-Buteno

1,3-Butadieno

n-Pentano

i-Pentano

1-Penteno

2-Penteno

Isopreno

n-Hexano

i-Hexano

n-Heptano

n-Octano

i-Octano

Benceno

Tolueno

Etilbenceno

M+p-Xileno

o-Xileno

1,2,4-Trimetilbenceno

1,2,3-Trimetilbenceno

1,3,4-Trimetilbenceno

Formaldehído

Hidrocarburos totais no metánicos

Medición

A captación pasiva dos compostos orgánicos volátiles realizarase mediante tubos absorbentes e a súa determinación mediante cromatografía de gases, con extracción ben por desorción térmica ben por disolventes.

Alternativamente, poderá usarse captación activa mediante canister e determinación mediante cromatografía de gases.

As determinacións serán representativas dun período de medida diario ou semanal. Asegurarase unha cobertura temporal mínima do 14 %, con mostras repartidas homogéneamente ao longo do ano e, no caso de medicións diarias, en diferentes días da semana.


Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 1.4.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia