Monóxido de Carbono (CO)

Descrición

O monóxido de carbono é un gas incoloro e inodoro que en altas concentracións pode ser letal.

Na natureza fórmase mediante a oxidación de metano, que é un gas que se produce durante a descomposición de materia orgánica. A principal fonte antropoxénica de monóxido de carbono é a combustión incompleta de combustibles fósiles e biocombustibles. O tráfico rodado é o maior responsable das emisións de CO seguido da actividade industrial, a calefacción dos fogares e a combustión de desperdicios.

O monóxido de carbono inhalado combinase coa hemoglobina do sangue provocando a diminución de osíxeno suministrado ao corpo. Respirar baixas concentracións de monóxido de carbono pode inducir dor de cabeza, náuseas, cansazo e dificultade de pensar con claridade. Os doentes de enfermidades cardiovasculares son os máis sensibles á exposición ó CO. A exposición a altas concentracións pode provocar a morte pero esta situación é difícil que se dea ao aire libre.

Para saber máis sobre os efectos dos contaminantes na saúde das persoas e qué facer en caso de que teñamos un episodio de altas concentración de contaminantes, pinche no enlace “Recomendacións”

Valor límite lexislado

Valor límite para a protección da saúde.

CO

Período da medida

Valor límite

Valor límite

Máxima diaria das medias móbiles

octohorarias

10 mg/m3

Técnica de medida

Para a medición de monóxido de carbono (CO) o método de referencia é o que se describe na Norma UNE-EN 14626:2013 “Calidade do aire ambiente. Método normalizado para a medición da concentración de monóxido de carbono por espectroscopía infravermella non dispersiva”.


Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 1.4.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia