Elaboración do ICA
Definición

O índice de calidade do aire (ICA) consiste nun valor adimensional, calculado a partires de información procedente da lexislación vixente relacionada cos distintos contaminantes atmosféricos, cuxo principal obxectivo é facilitar á poboación a comprensión da información relacionada coa contaminación do aire.

Índice Calidade do Aire Color Descriptivo
≥ 0 y < 75 Boa Verde
≥ 75 y < 100 Admisible Amarelo
≥ 100 y < 150 Mala Vermello
≥ 150 Moi Mala Violeta
¿Por que se usa un índice?

Con obxecto de cumprir os requisitos que se derivan da lexislación sobre a liberdade de acceso á información en materia de medio ambiente, sobre a contaminación atmosférica por ozono, sobre a avaliación e xestión da calidade do aire ambiente e sobre os valores límite de SO2, NO2, NOx, partículas, CO e O3, os responsables das redes de vixilancia formúlanse cal é o mellor método para informar ó público acerca dos niveis de concentración dos distintos contaminantes e da calidade do aire que estes niveis implican, así como cal é a vía máis efectiva para canalizar esta información.

Para cada un dos contaminantes a ter en conta, a cada valor de concentración de inmisión (medidos xeralmente en µg/m3, polo que é moi probable que o cidadán se atope con problemas á hora de analizalos) se lle asocia outro valor, coñecido como índice, segundo os efectos observados, pertencente a unha escala que mostra de forma máis clara a calidade do aire existente na zona.

A cada número pódeselle engadir un comentario (“boa”, “mala”, “regular”…) e a ser posible a cor máis adecuada en cada caso (vermello se a calidade do aire é mala, verde se é boa, etc.)

¿Cómo se calcula?

A partires dos datos de contaminantes gasosos e particulados obtidos a tempo real polas estacións xestionadas pola Xunta de Galicia.

Neste sentido, é necesario decidir cales das estacións existentes son as que mellor representan o aire da cidade:

  • - Teranse en conta as estacións urbanas, para o cálculo do índice global, e as estacións suburbanas, de existiren, para informar á poboación acerca dos valores de contaminación do ozono.
  • - De existiren varias estacións que poidan considerarse representativas na cidade, en cada unha delas se medirán os contaminantes que se sinalaron, calcularanse os índices parciais e a partir deles, o índice global. De este xeito, existirá un índice global para cada estación.
  • - Do conxunto destes índices globais, escollerase de novo o peor, que representará a contaminación da cidade. É dicir, o índice que finalmente define a calidade do aire da cidade, será o índice global da peor estación, ou dito doutro xeito, o índice parcial correspondente ó peor contaminante da peor estación.

Cálculo do índice

Rango cuantitativo

O valor do índice estará comprendido entre 0 e >150, de modo que canto maior sexa o índice, peor será a calidade do aire.

O criterio utilizado para asignar valores de concentración ós valores do índice, son os valores fixados na lexislación.

Así, o valor do índice 0 corresponderá a unha concentración nula de contaminante, e o valor 100 estará asociado ó valor límite fixado polas directivas para cada un dos contaminantes lexislados.

O valor do índice para calquera outro valor de concentración, obterase por interpolación lineal, por ser este tipo de interpolación a máis sinxela e a máis fácil de interpretar polo cidadán.

Rango cualitativo

Acordouse que o rango cualitativo do índice estará dividido en catro tramos, que definirán os principais estados da calidade do aire.

O índice de calidade do aire irá de 0 a ≥150, sendo peor a calidade do aire canto maior sexa o índice e estando o valor 100 asociado ó valor límite do parámetro obxecto de estudo.


Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 1.4.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia