Benzo(a)pireno

Descrición

O benzo(a)pireno pertence a unha clase de compostos químicos de estrutura similar chamados hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAHs). Os PAHs son un grupo de varios centos de compostos orgánicos persistentes e de difícil degradación que se atopan amplamente distribuídos no medio ambiente. O benzo(a)pireno puro é un sólido de cor amarela pálida pero normalmente atópase formado parte nunha mestura de PAHs e non como un composto illado. Esta especie é altamente tóxica e soe utilizarse como indicador da presenza de contaminación por PAHs.

Podemos atopar benzo(a)pireno en partículas finas procedentes de erupcións volcánicas e tamén da combustión incompleta de compostos orgánicos como madeira, carbón, combustibles fósiles, residuos ou carne.

A Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC) considera o B(a)P como un canceríxeno coñecido, clasificado no grupo I. O benzo(a)pireno é un premutáxeno, o que significa que necesita ser metabolizado antes de que poida inducir a mutación.

Para saber máis sobre os efectos dos contaminantes na saúde das persoas e qué facer en caso de que teñamos un episodio de altas concentración de contaminantes, pinche no enlace “Recomendacións”

Valor límite lexislado

Valor límite para a protección da saúde.

B(a)P

Período da media

Valor obxectivo

Valor obxectivo

1 ano civil

1 ng/m3

Técnica de medida

O método de referencia para a toma de mostra e determinación dos depósitos de benzo(a)pireno e os demais hidrocarburos policíclicos aos que se refire o artigo 9, é o que se describe na Norma UNE-EN 15980:2011 “Calidade do aire. Determinación da deposición de benzo[a]antraceno, benzo[b]fluoranteno, benzo[j]fluoranteno, benzo [k]fluoranteno, benzo[a]pireno, dibenzo[a,h]antraceno e indeno[1,2,3-cd]pireno”.


Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 1.4.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia