Descrición
O benceno é un hidrocarburo aromático líquido, incoloro e de cheiro doce. Evaporase con moita facilidade emitindo vapores tóxicos e inflamables. Este hidrocarburo forma parte dos denominados compostos orgánicos volátiles (COVs) e está composto por seis átomos de carbono os cales teñen unido un átomo de hidróxeno cada un.
A maior fonte de emisións de benceno á atmosfera son as combustións incompletas, principalmente procedentes do tráfico rodado e, en menor medida, de sistemas de calefacción e a queima de madeira. O benceno tamén é un produto no proceso de refinado do petróleo e é ampliamente utilizado na industria. O fume de tabaco é unha importante fonte de exposición persoal. A degradación do benceno na atmosfera contribúe á formación de ozono (O3).
Inhalar niveis altos de benceno ou inxerir alimentos que conteñan este composto pode producir somnolencia, mareo, náuseas, aceleración do ritmo cardíaco, dor de cabeza e confusión. A exposición prolongada ao benceno afecta principalmente ao sangue e á medula ósea, podendo causar anemia e leucemia. O benceno é un recoñecido axente canceríxeno.
Para saber máis sobre os efectos dos contaminantes na saúde das persoas e qué facer en caso de que teñamos un episodio de altas concentración de contaminantes, pinche no enlace “Recomendacións”
Valor límite lexislado
Valor límite para a protección da saúde.
C6H6 |
Período da media |
Valor límite |
Valor límite |
1 ano civil |
5 µg/m3 |
Técnica de medida
Para a medición de benceno, o método de referencia é o que se describe na Norma UNE-EN 14662-3:2016 “Método normalizado para a medición das concentracións de benceno. Parte 3: mostraxe automática por aspiración con cromatografía de gases”.
- Galega
Nota legal | Contactar 1.4.0
Fax: +34-981-957466