Amoníaco (NH3)

Descrición

O amoníaco é un gas incoloro e de cheiro forte que está formado por un átomo de nitróxeno e tres de hidróxeno. Caracterízase por disolverse facilmente en auga e posuír propiedades de base forte.

Gran parte das emisións de amoníaco proveñen de procesos naturais xa que este composto é un produto da degradación de residuos animais, lixo e do uso de fertilizantes nitroxenados.

En canto ás fontes antropoxénicas podemos destacar os procesos de fabricación e tratamento de téxtiles, plásticos, explosivos, papel, alimentos e bebidas, produtos de limpeza domésticos ou refrixerantes.

A exposición a altas concentracións de amoníaco pode provocar tose, irritación nos ollos e nas vías respiratorias, e no caso de contacto directo, queimaduras na pel. No caso de exposicións extremas pode provocar cegueira, danos nos pulmóns e incluso a morte.

Para saber máis sobre os efectos dos contaminantes na saúde das persoas e qué facer en caso de que teñamos un episodio de altas concentración de contaminantes, pinche no enlace “Recomendacións”

Técnica de análise

O amoníaco determinarase nas estacións rurais de fondo e de tráfico mediante un dos seguintes métodos:

a) sistemas pasivos, con captación en cartuchos adsorbentes de ácido fosfórico, ou outro adsorbente adecuado, e determinación no laboratorio por espectrofotometría UV/visible.

b) métodos automáticos baseados en quimiluminiscencia cunha eficacia de oxidación do convertidor superior ao 95 %.

c) métodos específicos fotoacústicos.


Logo Xunta 
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia
Nota legal | Contactar 1.4.0
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Galicia